Xornadas de Música Contemporánea

Froito e consecuencia do pulo que nos últimos anos tiveron en Galicia a interpretación, a experimentación e a creación na música contemporánea actual e do século XX comezan en Santiago de Compostela estas novas Xornadas de Música Contemporánea. O cartaz inclúe a algún dos grupos e artistas máis preocupados e activos na difusión da música contemporánea en Galicia (Ensemble s21, Taller Atlántico Contemporáneo, Vertixe Sonora Ensemble, Elisa Vázquez Doval, Diego Ventoso, Ton Risco ou Jacobo de Miguel), aos que se suman as visitas de músicos de prestixio, como o dúo californiano Barn Owl ou o madrileño Trío Arbós, e agrupacións e orquestras radicadas en Galicia como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia (representada polos seus grupos de cámara), o Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago.

CGAC. SANTIAGO DE COMPOSTELA

BARN OWL (California, drone)

_sábado 27 outubro

_22.30 horas.