Xornadas Culturais en Culturgal

Compartindo multiplicamos.

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e Culturgal organizan Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais, un encontro no que falaremos de xeito horizontal sobre financiamento, internacionalización e programación artística.

Entre os profesionais que acudirán a este encontro podemos
destacar a: Cristina Salvador, directora de aPortada; Fernando Bernúes, director Cultural de Donostia 2016; Elisabete Paiva, directora educativa do Centrol Cultural de Vilaflor; Rui Cerveira, programador do Teatro
Extremo en Almada; Margarida Troguet, directora do Teatro L’Escorxador de Lleida; Cristina Alonso, directora de Graner; Jordi Durán, director artístico de FiraTàrrega 2012; Víctor Flores, director de Cultura de Red Bull
España; e Vítor Belho, promotor do Womex 2014 Santiago de Compostela.