O Festival Sinsal e a memoria musical de Vigo

Este domingo, 15 de decembro, a partir das 12.00 horas, desde a Praza da Princesa, o Festival Sinsal pon en marcha unha nova iniciativa inédita na súa programación: un paseo sonoro narrado por especialistas e con música en directo.

Unha forma diferente de percibir o noso patrimonio e unha homenaxe a aqueles locais, agrupacións, artistas e mecenas que iniciaron a próspera vida cultural viguesa entre os séculos XIX e XX.

Duración:

- Saída ás 12.00 horas desde a Praza Da Princesa

- Chegada ás 13.00 horas ao antigo Cine Tamberlick

Narracións:

- Rubén Martinez Alonso: licenciado en Historia da Arte e autor do libro "El Casino de Vigo".

- Jorge Lamas: xornalista de La Voz de Galicia e autor do blog.

- Pablo Abreu: profesor superior de pedagoxia musical e investigador.

- Alfredo Sirvent: arquitecto. A súa participación é unha colaboración do Festival Sinsal co Espacio Sirvent.

Programa:

- 1ª Parada: Praza da Princesa. Comentarios sobre a Casa Teatro e o Café Méndez Núñez.

- 2ª Parada: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia. Narracións sobre El Casino de Vigo, Teatro Rosalía de Castro, Teatro García Barbón,etc.

- 3ª Parada: Casa del Libro. Comentarios sobre o antigo Café Colón e o Salón Pinacho.

- 4ª Parada: Escalinata Cine Tamberlick (final do paseo). Falaremos sobre o Teatro Circo, Cine Tamberlick, Salón Curty, etc.

Música en directo:

Un cuarteto de alumnos do Conservatorio Profesional de Vigo formado por Eva Fernández, Alfonso Pereira, Alexandre Rodríguez e Juan Manuel Cao achegaranos as pezas que se solían escoitar por aquel entonces nos teatros propostos para este paseo sonoro. Os músicos interpretarán diante de cada edificio unha selección de ragtime, foxtrot e pezas de variedades.

O antigo (e desaparecido) Café Colón da rúa Velázquez Moreno.