Novos grupos galegos a seguir

O portal www.bandcamp.com está a ser testemuño -e canal de distribución- da emerxencia dun feixe de proxectos interesantes, en moitos casos sen discos publicados nin discográfica onde facelo. Por aí se filtraron, por exemplo, as primeiras gravacións de Mano de Obra -dúas o ano pasado, ambas igualmente notábeis:Imperio Cobra e Cámara de cría- ou Tora Tora Tora -Alfabeto eléctrico. Tamén Fantasmage, A Veces Ciclón e un dos outros proxectos de Óscar Vilariño, Mullet, asomaron por aí. Das Kapital e Ataque Escampe seguen fieis á plataformas como A Regueifa ou Komunikando. En moitos casos permítese a descarga directa. Noutros, soamente a escoita en liña.

Texto tomado do artigo de Iago Martínez en El País Galicia