Música en Branco, a exposición de cancións

Este mércores, día seis de novembro, a partir das 17.30 horas, inaugúrase a exposición de cancións Música en branco: a memoria da Agra do Orzán, no centro Ágora da Coruña.

A idea da exposición céntrase no concepto de espacialización e memoria. As case 150 cancións que compoñen a mostra poderán escoitarse agrupadas arredor de seis peanas (altofalantes) e irán reproducíndose en bucle. Trátase, de pasear entre as peanas e escoitar varias cancións simultáneas, buscando esos puntos de conexión onde a nosa memoria é capaz de identificar e concentrarse nunha canción determinada pero vai rexeitando, á vez, as que non lle son coñecidas.

Ademáis, as persoas poderán ir lendo sobre as peanas as firmas (graffitis) elaboradas polos colexios e centros sociais da Agra do Orzán como se tratara dun camerino onde os músicos deixan a súa sinatura (memoria gráfica).

Por último, nas peanas haberá espazos "en branco" onde os visitantes poderán coller un rotulador e escribir/pintar o nome dunha canción, grupo, persoa, rúa, camiño, festa, efeméride, etc. completando, todavía máis, o mapa de palabras clave da exposición.