Monumenta 2014: Tui e Sarria

MONUMENTA 2014

A catedral de Tui (Pontevedra)_sábado 07 de xuño

_
Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO. A catedral de Santa María, que destaca polo seu aspecto de fortaleza, é o edificio máis representativo do patrimonio artístico da vila de Tui. Consagrada en 1225, a súa construción iníciase no século XII, en pleno románico, como se ve na planta, na portada norte e na iconografía dos capiteis. A fachada principal gótica é unha das primeiras obras deste estilo realizada na Península Ibérica. A sonoridade das pedras medievais conservadas en Tui suxírennos un percorrido musical polos sons da época.

20.00 MONUMENTA EDUCA. Presentación no claustro da catedral dos traballos arredor do patrimonio de Tui realizados polos , CEIP de Rebordáns, CEIP Plurilingüe de Guillarei e CEIP Plurilingüe Nº2.

20.30 MONUMENTA EN CONCERTO. Meendinho. O milagre do pergamiño Vindel é unha proposta de Paulina Ceremużyńska –voz, percusión, contrafacta– e Carlos Castro –percusión e salterio– para levarnos polas cantigas de amigo de Martín Codax e outras composicións do seu tempo.

Igrexa de Santa María Magdalena. Sarria (Lugo)_08 de xuño

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO. Este conxunto, situado en pleno Camiño Francés de Santiago, destaca pola variedade de estilos arquitectónicos que alberga, o que o converte nunha obra senlleira da arquitectura relixiosa galega. A influencia do Camiño de Santiago tivo repercusión, tamén, na penetración de innovacións musicais e na tradición de fabricación de instrumentos.

20.00 MONUMENTA EDUCA. O alumnado do CPR A Mercé e do CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción presenta os seus traballos realizados arredor do patrimonio.

20.30 FALADOIROS MONUMENTA. A tradición dos luthiers en Sarria, en conversa aberta con diferentes convidados, na igrexa, como aperitivo do concerto.

21.00 MONUMENTA EN CONCERTO. Le Voyage: Germán Díaz e David John Herrington.