L´enfance Rouge: outro segredo europeo

Día 2 de novembro ás 21h. Entrada libre ata completar aforo.

Mítica banda na escena independente (máis de 1800 concertos), a formación franco-italiana L’Enfance Rouge, nace en Berlín en 1995, desenvolvendo o seu peculiar proxecto sen fronteiras xeográficas nin musicais.
Fascinados pola música árabe-andalusí, intercambian partituras e gravacións entre Tunes e Europa. De difícil clasificación, polo seu estilo único, a prensa especializada fala deles como un grupo que vai da introspección á aceleración, do cerebral ao transo.

Entre o noise-rock e o avant-rock, combinan a atonalidade e a electrónica occidental coa riqueza e os característicos cuartos de tono da música oriental, con efectos larsen, feedbacks, disonancias, distorsións, aceleracións e ralentizacións. Levan máis de doce álbums editados e son citados por Thurston Moore, de Sonic Youth, cos que comparten evidentes afinidades eléctricas, unha das mellores bandas europeas.

Coordinación CGAC: Virginia Villar
Comisariado: Sinsalaudio